Urbano Lugrís, a travesía do océano

48m

Urbano Lugrís é un cronista esencial para comprendermos o tumulto dunha época, mais sobre todo para retratar o espazo xeográfico, natural e poético do norte de España. Adicado en corpo e alma á observación do mar, deixounos un legado único de pezas referidas ao océano, fonte de vida do home e auténtica inspiración poética para el. Urbano Lugrís, a travesía do océano, formula unha viaxe co espectador a través da ruta lugrisiana, nacemento na Coruña ata a súa morte en Vigo, con testemuños dos que mellor o coñecían, Antón Patiño, Manolo Rivas, Xurxo Souto… Desta forma, internarémonos na peculiar vida dun dos artistas máis prolíficos da historia galega.

Por agora non sabemos onde podes vela. Se tes algún dato, non dubides en contactar connosco.