Logo

Series e películas galegas

O mellor contido
na túa lingua.

Comeza a explorar

Descubre todo sobre VOGAL

Dúbidas frecuentes

VOGAL é a ferramenta perfecta para descubrir series e películas en versión orixinal galega. Proporcionámosche información sobre o contido e onde podes velo, para que non perdas tempo buscando e poidas desfrutar da nosa lingua.

Si, VOGAL é unha ferramenta de balde.

Aínda así, é importante sinalar que, para ver certos contidos do noso catálogo podería ser necesario ter unha subscrición a algunha plataforma de ‘streaming’ específica.

En VOGAL tes unha ampla selección de series e películas en versión orixinal galega.

É posible que atopes contido con información limitada. Isto ocorre porque o noso catálogo baséase na base de datos de "The Movie Database" (TMDB), que é unha plataforma colaborativa onde os usuarios poden engadir ou modificar contidos. Algúns títulos, especialmente os menos coñecidos, poden non ter recibido a atención necesaria. Se atopas un que require mellora, podes contribuír para enriquecer a información na plataforma de TMDB.

Si, podes realizar buscas por título para atopar contidos específicos. Ademais, a aplicación ofrece a opción de explorar contidos por categoría, o que facilita atopar contidos que sexan do teu interese.

A aplicación proporciona información sobre a dispoñibilidade dos contidos en diversas plataformas de streaming. Tamén ofrece ligazóns directas para ver os contidos nas plataformas de streaming que os teñen dispoñibles.

Non. A aplicación está centrada en contidos en liña, polo que non proporcionamos información sobre a dispoñibilidade en cines ou televisión tradicional.