2h 18m • 2022 • Suspense


As bestas
Ambientado no rural de Galicia, o filme conta a historia dunha parella francesa que se instala nunha pequena aldea na procura de conectar coa natureza. Porén, a súa presenza esperta a hostilidade e a violencia dunha parella de veciños.
Por que vela?
A gran gañadora dos Premios Goya 2023 con 9 galardóns e 17 nomeamentos e estreada no Festival de Cannes. A encomiada interpretación de Luis Zahera e unha tensión dramática insoportable marcan o pulso deste thriller rural que recrea un desagradable suceso ocorrido no interior galego. Rodrigo Sorogoyen sublima o seu idilio co suspense con esta obra maior sobre a maldade inseparable da condición humana.