O Corpiño

4m • 1973

Milleiros de galegos, procedentes esencialmente das zonas rurais, acudían os días 23 e 24 de xuño de cada ano ao santuario da Virxe do Corpiño para curar do 'meigallo', que os levaba a padecer serias enfermidades e até volverse tolos. No santuario berraban, laiábanse e blasfemaban tentando expulsar o mal do corpo. No momento da filmación (orixinalmente en Super 8), O Corpiño era tamén un dos poucos lugares da península onde aínda se practicaban exorcismos. Relixión e bruxaría confundíanse aquí coma remedios para aquelas doenzas ás que a medicina convencional non era quen de dar solución ou explicación.

Por agora non sabemos onde podes vela. Se tes algún dato, non dubides en contactar connosco.