Man Fred, home sen paz

1h 12m • Documental

Narra a vida de Manfred Gnädinger a partir do ano 1961. Nun recuncho da Costa da Morte, Man crea unha interrelación co medio, un mundo propio onde desenvolver a súa arte. Man consideraba a arte como necesidade primordial, polo que prefire vivir con ela e sen outros recursos materiais. Sufre dous sucesos que lle marcan: a construcción do dique de abrigo, que mutila o seu espazo artístico, e a marea negra do Prestige, que o sume nunha profunda depresión que o leva á morte no Nadal de 2002.

Por agora non sabemos onde podes vela. Se tes algún dato, non dubides en contactar connosco.