35m
A malla
A Galicia tradicional é pobre en medios económicos cos que contratar persoal. Naqueles traballos, como no caso da malla, en que a casa non conta con forza de traballo abondo, ten que acudir ao intercambio de axudas entre os veciños. O ambiente festivo que se xera nestes casos serve de estímulo para facer máis levadeira a dureza do traballo, ao tempo que se fortalecen os vínculos entre os membros da comunidade. A medida que se vai introducindo nova tecnoloxía, este espírito comunitario e festivo comeza a se tornar máis feble (ou transformarse).
Por agora non sabemos onde podes vela. Se tes algún dato, non dubides en contactar connosco.